PATOS ENTRE OS BARCOS.

Patos dirixíndose á xente ó decatarse da súa presenza.

Na Arousa, a proliferación de patos alavancos reais fai moito que deixou de ser unha novidade. Estes patos, pertencentes ás aves do complexo intermareal Umia-O Grove, demostraron ó longo dos últimos anos o seu gran poder de adaptación ás nosas costas, sin que o feito de que sexan aves de auga doce supoña algún problema.

Claro que, ben certo é que os veciños da Arousa aforráronlles moito traballo nese periodo de adaptación, pois grazas a eles, comida nunca lles faltou. De feito ir á praia de Semuiño a darlles ós patos cachiños de pan reseso é xa unha consolidada actividade de lecer coa que os nenos gozan moito. Os patos, aínda que en teoría salvaxes, acoden a carón da xente que se achega alí, có seu característico berro, xa sen pudor ningún para pedir comida.

Conviven na praia entre barcos e gaivotas, e son estas moito máis espabiladas e intelixentes á hora de procurar comida e na supervivencia en xeral, e polo tanto, tamén máis fortes. Sen dúbida o número de patos sería moito menor sen a axuda humana. Pero a súa presenza é un factor de atracción determinante para aves como garzas, biluricos, corvos mariños,… que habitualmente viven en Carreirón. Moitas destas aves, quizáis nun despiste durante o seu voo non dubidan en facer unha parada na praia confiando en que a presenza dos patos é un indicador de que se trata dun territorio amigo. E xulgando a súa apacible vida, seguro que non se equivocan.

About these ads

2 respostas a “PATOS ENTRE OS BARCOS.

  1. Eu sijo pensando que hai sobrepoblasión de patos, a xente que levou crías para a casa debería soltalas ó arredor de toda a illa e darlle tamén de comer en outros sitios. Hai tantos patos que cando fai vento non teñen abrijo pa todos nas rocas da praia e suben ás casas. Na rúa danlles de comer e incluso lle abren os garaxes para que se refuxien e cando non andan por aí a caer e a reboar e os pequeniños mórrenlles a tombos ou cómenos as gaivotas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s