AS AVES DO COMPLEXO INTERMAREAL UMIA – O GROVE: O CORVO MARIÑO.

O complexo intermareal Umia – O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e a Lagoa Bodeira están consideradas como unhas das zonas húmidas máis importantes de Galicia e España. Dende 1989 pertence ó convenio Ramsar, que toma o seu nome da cidade iraniana na que foi creado este convenio, en 1971, destinado á protección de espazos de especial interese ecolóxico.

Ó longo desta serie de artigos, iremos coñecendo mellor estas zonas húmidas a través das aves que viven alí.

Comezamos por unha das aves máis características destas zonas, o corvo mariño, do que podemos atopar dúas especies: o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), que mide de 68 a 78 centímetros, e que se distingue por ter unha pequena crista na súa cabeza; e o corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), que é máis robusto, mide de 77 a 94 centímetros e carece de crista.

Ambas especies caracterízanse pola intensa cor negra da súa plumaxe. Aséntase habitualmente en estuarios fluviais, lagos de auga doce e ríos. Pero o seu alimento búscao no mar, onde pasa gran parte do seu tempo. É un gran pescador e mergullador, chegando a ser unha seria competencia para os pescadores no pasado. Unha vez fora do mar, o corvo mariño estende as súas ás cara o sol para que se sequen, posto que a súa plumaxe non é impermeable. Incluso fai pequenos movementos coas ás para sacudir o exceso de auga.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s