POLBO Á FEIRA: O MÁIS UNIVERSAL DOS PRATOS DE POLBO.

O polbo á feira é un dos manxares máis apreciados en todo o mundo. Sinxelo onde os haxa, a maior dificultade desta receita reside en facerse cun polbo de calidade. A chave para que a cocción nos saia perfecta está na mazadura previa, que consiste en golpear o polbo repetidas veces contra unha rocha. Pero, se non temos a sorte de contar cun experto mazador, podemos conxelar o polbo durante uns días. O resultado non será igual, pero si moi similar. Có polbo xa desconxelado, poñemos auga a ferver nunha tarteira. Cando ferva, colleremos o polbo pola cabeza e introducímolo na auga durante uns segundos e sacarémolo rapidamente. Repetiremos esta operación tres veces. É o que se coñece como “asusta-lo polbo”. Si se trata dun polbo pequeno, deixarémolo cocer durante media hora. Si se trata dun polbo grande, cómpre deixalo dez minutos máis. Unha vez que estea cocido e convenientemente morno, cortamos o polbo en cachos cunhas tesoiras. Os cachos serán máis pequenos nas partes máis grosas do polbo e máis grandes nas partes máis finas. Dispoñemos os cachos nun prato, preferiblemente de madeira. Botámoslle sal grosa, pemento doce e pemento picante, este último ó gusto de cada un. Finalmente, cubrimos con aceite de oliva. Lembremos que outro dos elementos imprescindibles deste prato é o pan. E, para finalizar, aconsellamos acompañalo dun bo rioxa ou mencía. ¡Qué aproveite!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s