O pa amb tomàquet (pan con tomate), é unha gran alternativa para acompañar diversas tapas, como queixos e embutidos, para non ter que utilizar sempre o pan tradicional. É moi popular en Cataluña e a súa doada preparación fai que sexa moi apropiado para improvisadas visitas. O pan debe cortarse en toradas, e meterase previamente no forno se o preferimos tostado, aínda que non é necesario. Pasámoslle un dente de allo cortado pola metade pola superficie, tendo coidado de non pasarnos, porque pode quedar moi picante. A continuación, collemos un tomate maduro e cortámolo en catro partes. Con cada parte refregamos o pan. Finalmente sazonamos e botámoslle aceite de oliva, para o cal recomendamos utilizar unha brocha de cociña para evitar botarlle demasiado aceite. E iso é todo. En menos de tres minutos, dispoñemos dun acompañamento diferente para as nosas mellores tapas.