Poucos barrios coñecemos onde a pegada mariñeira permaneza tan marcada coma no barrio vigués do Berbés. Arredor do ano 1700 o Berbés acollía ós mariñeiros de Redondela, o cal dou lugar ó nacemento da cidade de Vigo.
A venda de sardiñas, así como outras actividades pesqueiras incentivaron o despegue económico da cidade. Moi características son as fachadas dos seus edificios, cós seus emblemáticos soportais e os seus arcos construídos con granito. No Berbés tamén podemos ver unha disposición das vivendas en diferentes niveis, cousa esta pouco habitual, especialmente en barrios urbanos.
Pero o paso dos anos, a propia intensa actividade do barrio e seu progresivo afastamento do mar a causa dos continuos recheos, deron lugar á decadencia e á degradación do barrio. A partir de 1925 toma o aspecto que hoxe coñecemos, coa construción dunha pequena alameda que o separa do porto.
Pero no Berbés sempre quedou algo daquel esplendor, porque nunca se puido negar a súa sempre presente vida mariñeira. En 2010 iniciouse un plan de recuperación do Berbés, a través da rehabilitación das súas características fachadas.