En xuño de 2010, apagábanse os ollos que con tanta lucidez interpretaron o que vían. Uns ollos que foron capaces de ver un mundo asolagado por unha cegueira branca, outro evanxeo, un mundo no que ninguén morría, ou unhas eleccións nas que todo o mundo acudía a votar masivamente para emitir un voto en branco. Deixaba orfos á muller do médico, a Tertuliano Máximo Afonso, a Xesús de Nazaret, á muller descoñecida, a Cipriano Algor, a Ricardo Reis,… entre moitos outros. Fai agora un ano, moitos agardaban a publicación dunha nova novela, pero esa espera foi arrebatada pola morte. Afortunadamente, son moitas as novelas e as entrevistas que deixou e que testemuñan a súa visión da vida. Sirvan de pequeno exemplo algunhas das súas frases:
– Se hai que buscar o senso da música, da filosofía, dunha rosa, é que non estamos entendendo nada.
– Qué clase de mundo é este que pode mandar máquinas a Marte e non fai nada por deter o asasinato dun ser humano?
– Eu non decido sobre o que vou a escribir. Non, eu agardo a que algo ocorra.
– A derrota ten algo positivo, nunca é definitiva. En cambio a vitoria ten algo negativo, xamais é definitiva.
– O poder real é económico, entón non ten senso falar de democracia.
– Non só hai desigualdade na distribución da riqueza, senón na satisfacción das necesidades básicas.
– O nome que temos substitúe o que somos: non sabemos nada do outro.
– Dentro de nos existe algo que non ten nome e iso é o que realmente somos.
– Non creo en deus, non o necesito e ademais son boa persoa.
– Vivimos observando sombras que se moven e cremos que iso é a realidade.
– Os únicos interesados en cambiar o mundo son os pesimistas, porque os optimistas están encantados có que hai.
– Vamos cara os cincocentos canais de TV, e para qué serven? Para que a xente non cuestione o poder.
– Penso que todos estamos cegos. Somos cegos que poden ver, pero que non miran.
– Son un comunista hormonal.
– A literatura sempre foi una actividade minoritaria. Paréceme que agora léese e escríbese máis. Quizais sexa pola informática.
ainda recordo cando sendo cordinador comarcal de IU,nos visitou,gracias a intervecion da sua amiga,carmen becerra,camarada e candidata de IU en pontevedra,a verdade e que foy toda unha experiencia tratar a este home tan humilde cheo de tanta humanidade,estas cousas son as que realmente te fan reflesionar sobre a tua vida,y a dos demais,donde queira que estes amigo jose,grazas por a ver existido y terte coñecido.