Construído no ano 1995, a ponte dos tirantes converteuse no símbolo e imaxe da cidade de Pontevedra. É unha ponte atirantada de un só vano con estribos a ambas marxes do río. Proxectado polo consulting Carlos Fernández Casado S.L. e deseñado polo Dr. Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos Leonardo Fernández Troyano, o proxecto recibiu a mención especial no ano 1998 nos premios anuais para estruturas nobres, entregado pola Federación Internacional de Pretensado. A construción foi a cargo das empresas Ferrovial S.A. e Castro Martelo S.A.
A liña modernista que ten a Ponte dos Tirantes, acompañada no ano 1997 polo Pazo da cultura deseñado polo Dr. Arquitecto Manuel de las Casas, marca un punto e aparte no esbozo da cidade. A realización de proxectos vangardistas nas cidades, tal como ocorreu en Bilbao (Guggenheim, 1997), Barcelona (Torre Agbar, 2005) ou Valencia (Cidade das Artes e das Ciencias, 1998), ten o seu inicio en Pontevedra coa Ponte dos Tirantes, continuado con proxectos como a Illa das esculturas, o Sexto Edificio do museo de Pontevedra, o Centro Social Caixanova, a Cidade Administrativa, a restauración da praza de abastos, ou o novo estadio de Pasarón.