A noite máis longa, aínda sendo a súa duración a máis curta de todo o ano, a noite máis máxica. Achégase a celebración do solsticio de verán, verdadeiro punto de partida da estación. Que non vos engane o “san” que se puxo diante, é a festa pagá por excelencia. A festa de fartarse a churrasco, a sardiñas asadas, a queimada (con feitizo incluído). A mellor das noites para iniciar unha relación sentimental, aínda que esta remate á mañá seguinte. É a noite do lume purificador, na que podemos pedirlle a tan máxico elemento que se leve todo iso que impediu que o noso ano fora bo, ou menos bo. Non esquezades, pois, a noite do 23 de xuño, prender unha fogueira, saltala, recitar os conxuros que correspondan e queimar todo aquilo… que haxa que queimar.
Depende da hora que entramos na piltra
Me da que é a máis curta… non a máis longa…