A “calima” é un fenómeno meteorolóxico cada vez máis frecuente en Galicia, sobre todo na parte sur e en épocas de calor máis intensa. Ten a súa orixe no continente africano e nas Illas Canarias e débese a partículas de polbo moi pequenas, ó fume e cinzas dos incendios e a tormentas de area. En ocasións é arrastrada cara o norte polo vento siroco, ata chegar a Galicia. Adoitamos confundila coa néboa, cós días de calor de bochorno, que adoitan ser preludio de virulentas tormentas. Nada que ver. Os días de “calima” son de gran calor, debidos incluso a olas de calor de orixe sahariana, pero non de orixe tormentosa. A luz do sol é tapada pola opacidade das partículas da “calima”, o que fai que diminúa a visibilidade, igual que sucede coa néboa. En Galicia, en diversas ocasións, a “calima” pode verse potenciada polo fume e as partículas de cinzas procedentes dos incendios forestais.