Coa chegada do bo tempo é máis doado animarse a tomar un combinado para combate-las altas temperaturas. Neste senso, un dos imprescindibles é o mojito cubano. Para a súa preparación precisamos vasos anchos. En Cuba o máis habitual e botar unhas follas de cecimbre (hierbabuena en español), pero tamén podemos utilizar menta. A continuación, engadimos dúas culleradas grandes de azucre e esmagamos, para que a menta ou o cecimbre solte o seu zume e aroma. Despois engadimos xeo. En contra do que se adoita crer, en Cuba non se utiliza xeo picado, senón cubiños de xeo, iso si, cubrindo o vaso por completo. A continuación botamos auga, que pode ser tanto con gas coma sen gas, e o zume de limón. O último ingrediente a engadir é o ron e iso ten unha explicación sinxela. Nese momento, é cando o consumidor elixe cómo quere o seu mojito, si suavesito ou non. E é que, como se pode apreciar, abstivémonos de sinalar cantidades, porque o mellor do mojito é que é ó gusto do consumidor.
O feito de que te preguntes si é unha serendipia, xa nos achega. Impresionante a similitude!! Non deixes de avisarnos se das con outra conexión semellante, nos tamén o faremos! Teño escoitado o do 7up, e alégrame que o menciones, o que nos gustaría é que se aportaran ideas e e recomendacións, así pois, grazas!!!
Curioso, case simulaneamente eu fixen unha foto a uns mojitos… e contra unhas persianas parecidas ¿Serendipia?
Interesante o da auga mineral -aínda que eu fágoo con 7up- anótoo.
http://aburinho.tumblr.com/post/7195049503/augas-turbias
http://bit.ly/oukUsw