Posiblemente, a herba de namorar deba principalmente a súa celebridade grazas ó santuario de San Andrés de Teixido, xa que forma parte das súas numerosas lendas e tradicións. Pero o certo é que a herba de namorar está presente en moitas zonas costeiras de Galiza, sobre todo en cantís e zonas onde bate o mar. En todo caso, adoita situarse en ecosistemas fráxiles, o que da lugar a que a herba de namorar se atope en constante perigo, aínda que se adapte moi ben a estes medios. Por este motivo, hai que ter en conta que, cando nos decidamos a utilizala, serán as menos posibles as que arrinquemos. E é que a tradición conta que, cando suframos mal de amores e estamos namorados de alguén que non nos corresponde, debemos coller unha herba de namorar e poñela no peto da persoa amada, sen que se dea de conta, e axiña esa persoa caerá namorada de nós. E lembrade que sempre debe ser unha acción meditada, non vaia a ser que nos arrepintamos da decisión.