Cóctel que ten nome de instrumento musical típico ruso, polo que xa adiviñamos cal é a base deste cóctel: o vodka. Os ingredientes do Balalaika son dúas partes de zume de limón, dúas partes de Cointreau (tamén pode ser trocado polo licor triple) e tres partes de vodka. Necesitaremos cocteleira, que arrefriaremos previamente con xeo. Servímolo en copa de cóctel e presentámolo con unha roda de limón, e confeitado polo borde da copa.
Existen alternativas a este cóctel. Se lle engadimos un toque de curaçao azul teremos o Blue Balalaika (trocamos parte do Cointreau polo curaçao azul).
O kamikaze farémolo cambiando o zume de limón por zume de lima. Refrescantes e con moi bo gusto: gozádeos.