Dende hai doce anos, e con motivo da celebración dos Encontros de Embarcacións Tradicionais en Galicia, publícase a revista Ardentía. A súa temática, como non podía ser doutra maneira, é eminentemente mariñeira, pero de cada vez hai un fío condutor diferente. En esta ocasión, posto que os encontros se celebraron en Carril e pola importancia histórica que a Illa de Cortegada ten para a vila, a publicación dedicouse ás Illas Atlánticas. Así pois, podedes atopar artigos sobre Cortegada, Ons, Arousa, illas do norte e as insuas dos ríos, entre outros temas. Por mor do recorte dos orzamentos dos Encontros, Ardentía estivo a piques de non ser publicada, pero finalmente, grazas á colaboración do Museo do Mar e á perseveranza dos seus coordinadores, a sexta edición de Ardentía é unha realidade. Aquí tendes un aperitivo.