Durante o verán, as fanecas bravas (non as que chegan até as nosas mesas) chegan á beira do mar, e fican semisoterradas na area, a un metro por debaixo da auga. Desta maneira sorprenden ós bañistas coas súas picaduras. Non se trata dun veleno perigoso, pero si que producen unha gran dor durante horas e incluso días nalgunhas ocasións. Así pois, ante unha picadura de faneca, o primeiro que deberemos facer é limpar moi ben a ferida con auga salgada, para eliminar a maior cantidade de veleno posible. O gran neutralizador do veleno da faneca é a calor. Polo tanto, recoméndanse paseos pola area quente ou ata poñe-lo pe no capó do coche. En todo caso, e como medida preventiva, cómpre ter un pouco de coidado no momento do baño, pero cando se trata de nenos convén que vaian protexidos cunhas chancletas.