Os xaponenes, grandes amantes dos produtos do mar, utilizan algas na súa gastronomía dende tempos inmemoriais. A comida xaponesa cada vez resúltanos menos estraña debido á proliferación de restaurantes xaponeses e de comidas como o sushi nas nosas mesas. Precisamente, pratos coma o sushi (que utiliza a alga nori) axudaron a popularizar a presenza de algas no nosos pratos. Neste senso, nesta páxina web, www.portomuinos.com, podemos descobrir infinidade de interesantes receitas con algas, así como a presentación das diferentes especies utilizadas, precisamente, moi habituais en toda a costa galega. Outra das ventaxas das que gozan as algas como produto culinario é a súa conservación: mantéñense moi ben en conserva ou deshidratadas, o cal facilita tamén o seu transporte, o que supón unha enorme ventaxa económica. Estaremos ante un potencial recurso a explotar?