O fútbol que ofreceu a selección holandesa dirixida por Rinus Michels no ano 1974 (mundial disputado en Alemaña, sendo tamén adestrador do F.C.Barcelona), converteuse nun memorable partido contra Arxentina (4-0) na “Laranxa Mecánica”, no que algúns denominan como o partido perfecto. Encabezada polo que quizá sexa o mellor xogador da historia, Johan Cruyff, que a diferenza de Pelé ou Maradona, non conseguiu gañar no único mundial no que participou, no que tamén debe ser o único mundial que é máis recordado o subcampión que o campión (República Federal Alemaña), no que moitos denominan as inxustizas do fútbol, deporte onde a veces non gaña o mellor. Holanda chegou á final gañando tódolos partidos excepto un empate ante Suecia. Na Final, Holanda adiantouse de penalti pero Alemaña remontou o partido antes do descanso, cun dos goles tamén de penalti. O asedio de Holanda no segundo tempo foi total con oportunidades para empatar e remontar o resultado, cousa que o final non conseguiu, sendo o resultado final 2-1. A historia débelle un mundial a Holanda.
Rinus Michels desquitouse no ano 1988 gañando a Eurocopa disputada tamén en Alemaña, adestrando a unha Holanda recordada tamén polo seu fútbol e grandes xogadores como Marco Van Basten, Frank Rijkaard ou Ruud Gullit.