INSECTO PAU, OU O ARTE DA CAMUFLAXE

O insecto pau (Clonopsis gallica), é todo un mestre da camuflaxe, ata o punto de que constitúe a súa maior arma de defensa. E é que o seu corpo semella unha ramiña seca e as súas patas. unhas simples prolongacións aleatorias. Cando son novos, os insectos paus son de cor verde, pero cando medra, vanse volvendo máis marróns, dunha tonalidade máis escura canto máis vellos son.

Ó longo da súa vida, o insecto pau non se separa moito da planta da que come e que lle serve de abrigo, xeralmente arbustos, como espiños e roseiras. Percorren as maiores distancias cando son novos, pero a medida que se van facendo adultos, diminúe tamén a súa actividade viaxeira.

Trátase dunha especie nocturna. Durante o día, permanecen quedos, aplicando todo o seu poder de camuflaxe. Por moito que os teñamos diante, pode que nin os vexamos. Desta maneira burlan tamén as intencións dos depredadores.

É durante a noite cando sae na procura de alimento. Aínda así, non lle vale unha noite calquera, pois deben ser noites de temperaturas suaves e sen vento.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s