OS SETE PROBLEMAS DO MILENIO

Os sete problemas do milenio foron elixidos no ano 1999 polo Clay Mathematics Institute (Massachutsets) o cal premia con un millón de dólares a quen resolva algún dos problemas formulados. Hai que ter en conta que Andrew Wiles resolveu a última conxectura de Fermat  no ano 1993 (teorema conxecturado no ano 1637 por Pierre de Fermat), anteriormente a formulación dos problemas do milenio.

P versus NP (formulado independentemente en 1971 por Stephen Cook e por Leonid Levin. Considerado o problema central da computación teórica)

A Conxectura de Hodge (formulada en 1950 por William Vallance Douglas Hodge)

A hipótese de Riemann (formulada por Bernhard Riemann en 1859. A súa relación coa distribución dos números primos faina unha das conxecturas máis importantes de hoxe en día)

Existencia de Yang-Mills e do salto de masa (formulada por Chen Ning Yang e Robert Mills en 1954)

As ecuacións de Navier-Stokes (Parte de Claude-Louis Navier (1785- 1836) e George Gabriel Strokes(1819-1903))

A conxectura de Birch e Swinnerton-Dyer (enunciada en 1965 por Louis Charles Birch y Peter Swinnerton-Dyer)

A Conxectura de Poincaré (formulada en 1904 por Henri Poincaré)

Actualmente os sete problemas do milenio son seis, xa que o matemático ruso Grigori Perelmán resolveu a conxectura de Poincaré. O matemático rexeitou o premio do Clay Mathematics Institute no ano 2010. Xa rexeitara no ano 2006 a Medalla Fields, premio creado pola inexistencia do Premio Nóbel de Matemáticas. É só para menores de corenta anos. Perelmán é o primeiro en rexeitar tal galardón. Segundo una entrevista publicada no The New Yorker no ano 2006, Perelmán di que se retirou da comunidade matemática e que xa non se considera un matemático profesional, decepcionado polo falta de ética na disciplina.

A resolución deste problema está incluído como caso particular na súa demostración da conxectura da xeometrización, publicado no ano 2002 no arXiv (arquivo para borradores electrónicos de artigos no campo das matemáticas, física, informática e bioloxía cuantitativa ó cal se pode acceder dende internet).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s