Durante os séculos XVII e XVIII eran habituais as chegadas de cargamentos de tesouros á Ría de Vigo e a Baiona, procedentes das milenarias civilizacións do continente americano, case acabado de descubrir. Iso atraía a presenza nestas costas de piratas de orixe inglesa e holandesa, entre os que se atopa o célebre corsario inglés Francis Drake. Moitos destes tesouros non chegaron nunca ó seu destino, permanecendo hoxe en día nas profundidades do mar. En Baiona, os saíntes rochosos penetran no mar, que bate alí enerxicamente. É a sensación máis semellante a estar na metade do mar, aínda permanecendo en terra firme. Incluso a luz do atardecer cambia subitamente nada máis chegar alí. Os continuos sons do mar e unha ollada ó horizonte, fainos pensar que todo pode pasar, incluso que a silueta dun barco pirata se vaia debuxando pouco a pouco ó lonxe.