Na península do Morrazo, cunha espectacular panorámica das Illas Cíes en fronte, atopamos unha das construcións fareiras máis singulares de toda Galicia. E iso é debido a súa forma cilíndrica e á súa cor branca. O faro de Cabo Home foi construído en 1853 e mide 17 metros de altura. A súa construción foi das máis necesarias, posto que preside unha costa que foi escenario de históricos e terribles naufraxios. Debido á constante presenza de néboas na zona, tívoselle que incorporar unha serea posteriormente.