TRICICLE DEIXA EN GALICIA UNHA TERAPIA DE HUMOR

O trío de humor catalán, Tricicle, acaba de deixar Galicia logo dunha xira na que levaron o seu espectáculo “Garrick” por Vigo, Pontevedra e A Coruña. O espectáculo é unha homenaxe a David Garrick, actor que, polas súas enormes cualidades para facer rir, foi requirido por diversos médicos para que, mediante a risa, mellorase o estado dos pacientes que tiñan unha peor situación anímica. Polo tanto, considérase un precursor da risoterapia. En “Garrick”, tres doutores son o fío condutor dunha disparatada análise do humor e de todos os seus tipos e beneficios, cun humor directo, clásico e efectivo, que non entende nin de modas nin de desgaste, firma inequívoca da que sempre fixo gala o trío de humor.

Os compoñentes de Tricicle, Joan Gracia, Paco Mir e Carles Sans, celebran con esta xira o seu 31 aniversario de carreira. Aínda que son considerados dende xa fai moito como lendas vivas e imprescindibles do mundo do humor, non é iso un impedimento para que manteñan viva a súa tradición particular de agardar na porta para saudar ós seus espectadores cando marchan.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s