INÉS DE PORTUGAL, RAÍÑA MÁIS ALÓ DA MORTE

Inés de Castro nace en 1320 na comarca de A Limia, na actual provincia de Ourense. Trátase dunha época, aquel século XIV, moi conflictiva, enmarcada dentro da Guerra dos Cen Anos. Aínda moi nova, trasládase ó Castelo de Peñafiel, en Valladolid, onde se converte na dama de compañía de Constanza Manuel. Constanza é elexida para casar con Don Pedro, o príncipe herdeiro á Coroa de Portugal. Pero de quen se namora Don Pedro, nada máis vela, é de Inés, a quen todos chamaban “a garza”, debido á súa esveltez. Aínda que igualmente casa con Constanza, non tardan en converterse en amantes.

En 1349 falece Constanza, polo que os amantes xa poden formalizar a súa relación. Viven entón, unha época tranquila, na que nacen os seus catro fillos. Pero o pai de Don Pedro,e Rei de Portugal, Don Alfonso, oponse rotundamente a esta unión. Don Alfonso, coñecido como “O Bravo” era un dirixente sen escrúpulos. Mantiña continuas guerras con Castela e utilizaba as unións matrimoniais como estratexia política, e xa tiña novos plans para Don Pedro. Vendo a imposibilidade de que o seu fillo colabore con el, comeza a pensar que  a única solución é a morte de Inés. Certo día, aproveitando que Don Pedro vai de caza, Don Alfonso, xunto con outros tres homes, preséntanse na casa de Inés. Axiña se decatou de que aquela non era unha visita familiar, vendo unha negra amenaza sobre ela. Pideu clemencia, momento este que relata o poeta Camoes en “Os Lusíadas”. Pero finalmente foi asasinada diante dos seus fillos.

As crónicas esfórzanse en amosar a un Don Pedro consumido pola dor. Pero axiña tratou de dialogar có seu pai para arranxar a súa situación e tivo un fillo con outra muller cando aínda nin pasara un ano despois da morte de Inés.

A morte de Don Alfonso, en 1357, converte a Don Pedro en Rei. É nese momento cando confesa que el e Inés casaran en segredo un ano antes da morte dela. É moi probable que esa unión non tivera nunca lugar, segundo os historiadores. Pero eso non impideu que Don Pedro proclamara a Inés raíña de Portugal de maneira póstuma. Incluso hai quen di que a mandou desenterrar para sentala no trono a carón del. Semella que este macabro episodio tampouco se produciu nunca, pero debeu ser tanta a impresión que causa, moi ó estilo do Cid Campeador, gañando batallas despois de morto, que chegou ata os nosos dias en forma de lenda. Unha de tantas que acompañan a vida de Inés de Portugal, protagonista dun terrible crime, pero tamén dunha gran victoria póstuma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s