A POBOACIÓN MUNDIAL ACADARÁ OS 7.000 MILLÓNS DE HABITANTES A FINAIS DE OUTUBRO

A Terra chegará ós 7.000 millóns de habitantes a finais de mes nun contexto de crise económica e ecolóxica, unidos ós cada vez máis graves problemas de fame e escaseza de auga. Segundo dados do Instituto Francés de Estudos Demográficos, a diminución da tasa de fecundidade mundial, que actualmente é de 2,5 fillos por muller (5 fillos por muller en 1950), fixo que se desacelerase a chegada deste momento, (doce anos dende que en 1999 se chegara ós 6.000 millóns), tendencia que continuará no futuro, posto que se estima que se tardará catorce anos en chegar ós 8.000 millóns de habitantes.

O incremento de poboación máis importante terá lugar no continente africano, onde incluso hai estimacións de que pode chegar ós 3.600 millóns de habitantes en 2100.

O país máis poboado do mundo continua a ser a China, pero este posto axiña será ocupado pola India, seguramente en 2020, debido a unhas tasas de fecundidade con valores moito maiores que as chinesas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s