A Suaeda Vera é un arbusto pequeno e leñoso. Está densamente ramificado, con moitas follas carnudas, semicilíndricas e apuntadas. Pode ter certas zonas de cor vermello. Medra en costas rochosas, solos salinos e zonas húmidas. É moi común na costa mediterránea, pero tamén é habitual atopala en toda a costa atlántica, coma no caso da imaxe (praia da Lanzada).