A música acompáñanos en cada momento e ata é capaz de dominar sentimentos e situacións. Precisa continuamente de creatividade e de investigación, incluso. A música é inmensa e está en todas partes. Nembargantes, é unha porcentaxe moi pequena a que se difunde e finalmente chega a nós.
O miragre de internet é o que fai posible que cada vez teñamos un maior acceso á cultura. E con esa premisa nace o programa de radio “El rincón de Grimble“. Un programa de música con maiúsculas, sen limitacións. En “El rincón de Grimble” caben tódos os xéneros, todas as fusións, grupos, colaboracións, cinema,… e todo tipo de música que teña un especial interese.
“El rincón de Grimble” é presentado por Javier Feijoo, un apaixonado experto na materia, e emítese en http://www.drumandvoiceradio.com/ os sábados de 19:00 a 21:00 da tarde, con redifusión os luns ás 17:00.
E máis que merece! As cousas boas, hai que difundilas!
Non podía ter mellor promoción. Moitísimas gracias 🙂