“Ía camiñando con dous amigos polo paseo – o sol púñase – o ceo volveuse de súpeto vermello – eu pareime – canso, apoieime nun pasamáns – sobre a cidade e o fiorde azul escuro non vía máis que sangue e línguas de lume – os meus amigos continuaban a súa marcha e eu seguía detido no mesmo lugar tremendo de medo – e sentía que un uivo infinito penetraba en toda a natureza”.
Así lembraba o pintor noruegués Edvard Munch (1863-1944), en Niza mentres se recuperaba dunha enfermidade, o solpor que quedaría reflectido para sempre, na que se considera a súa obra cumio “O Grito”. Poucas veces, unha explosión de cor da maneira da lugar a un resultado tan sombrío. E é que a angustia e a axitación que se trasmite contaxia sen remedio ó espectador. A penas se distinguen dous veleiros ó lonxe, así como os dous amigos que continuan camiñando tranquilamente, o único que proporciona unha aparente calma á obra. Pero o que máis chama a atención é a figura do primeiro plano. Semella sinxela nos seus trazos, pero de percepción terrible e fantasmal. O historiador de arte Robert Rosenblum dou có modelo que serviu de inspiración a Munch, unha momia do Perú non menos inquietante.
- Momia do Perú, Musée de l´ Homme, París
Existen ó redor de 50 copias de “O Grito”, pero a que se considera como máis importante é a versión de 1893, conservada na Galería Nacional de Noruega.