A SEGUNDA GUERRA IRMANDIÑA (1467-1469). OS PARDAIS CORREN TRA-LOS FALCÓNS

A creación da “Santa Irmandade do Regno de Galicia” marca o inicio do que pasaría á Historia como a Segunda Guerra Irmandiña. Pero os precedentes son múltiples, dende a victoria da dinastía Trastámara en 1369, como a “Irmandade Fusquenlla”, de 1431, liderada por Roi Xordo.

Esta vez, o conflito acadará maiores dimensións, chegando a afectar a case toda Galicia. En 1465 ten lugar en Castela unha Guerra Civil entre o Rei Enrique IV e Alfonso XIII. Iso ten como consecuencia un estado de anarquía en Galicia, o cal apura a creación de irmandades para manter o orde e a seguridade na sociedade. Có tempo, estas irmandades acaban por acadar a lexitimidade do mesmo Rei. Iso será o que lles dea o empuxe definitivo para iniciar a revolta.

Naqueles tempos de pestes, epidemias e fame, os señores feudais non dubidan en cargar ó pobo con custosos e absurdos impostos. Así é cómo comenzan os ataques irmandiños, formados cunha enorme base campesiña e liderados por Alonso de Lanzós, Pedro de Osorio e Diego de Lemos. As fortalezas convértense en símbolo da represión e contra elas dirixen as súas iras. Non querían que quedara ningunha en pé. Fortalezas como a actual Torre de San Sadurniño en Cambados foron devastadas, mentres que o Castelo de Pambre foi o único que permaneceu inmune ó ataques.

Paseniño, os señores feudais vense na obriga de fuxir e buscar protección en territorios veciños. Cando o nobre máis importante, o Conde de Lemos, vese na obriga de fuxir tamén, supuxo a grande vitoria dos irmandiños. Un veciño de Betanzos narraba na época cómo os eran os pardais os que corrían tra-los falcóns, en alusión ós señores.

Pero en 1469 os falcóns regresan con exércitos reforzados: Pedro Álvarez de Soutomaior dende Portugal, o Arcebispo Fonseca dende Salamanca e o Conde de Lemos dende Castela. Pouco a pouco, as derrotas vanse sucedento, dando lugar ó final do conflito, aínda que as revoltas continúan de maneira residual ata 1472.

As vitorias foron doadas nos campos e nas zonas rurais, pero moi difíciles nas cidades. Santiago de Compostela opuxo unha grande resistencia ó Arcebispo Fonseca, que se viu na obriga de respecta-las normas da cidade e non axusticiar ós combatentes irmandiños. O mesmo ocorrerá posteriormente en Pontevedra e A Coruña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s