“Aguamorta” está de noraboa. O blog especializado en fotografía “Fotosfera” elexíu unha das fotos da nosa Galería Fotográfica como exemplo de imaxes que tomar na estación das follas secas. Baixo o título de “fotos para facer en outono”, o blog aconsella ó fotógrafo buscar follas, gotas de auga e outros tipos de elementos, coma ríos, para o cal escolle a nosa fotografía “Río Arriba” como exemplo de paisaxe a tomar. “Río Arriba” foi tomada no complexo natural de Segade, en Caldas. Sen dúbida, un lugar moi fermoso tanto para pasear coma para facer fotografías, como as da nosa Galería Fotográfica.
Parabéns!