ERNESTO BARREIRO, IN MEMÓRIAM

No vagar da súa viaxe, a nosa Aguamorta trae hoxe até nós unha desas historias que, por anónimas ou incluso cotiás, acaban por ser universais. Trátase da historia de Ernesto Barreiro, falecido a semana pasada ós 50 anos de idade.

Dende moi novo, Ernesto estivo aqueixado da enfermidade que máis hipocresías esperta: a drogadición. Tocoulle vivila nunha época na que case non había información e na que se descoñecía todo sobre as substancias que se ían popularizando entre a xente nova. A soa palabra era sinónimo de insulto e ficaba sobre a persoa coma un estigma durante moito tempo.

Pero nada impediu que Ernesto formara unha familia de envexa e que, nos últimos anos da súa vida, descobrira a súa paixón pola pintura, para a cal tiña un talento e unha sensibilidade especiais. Os seus temas preferidos eran os retratos, das súas fillas e amigos, ou dun xefe indio de mirada tan profunda, se cabe, que a do mesmo autor. Tamén lle gustaba retratar paisaxes da súa Illa de Arousa, ou escenas da catástrofe do Prestige, que tanta impresión causou nel no seu día.

Admirador de José Saramago e Joaquín Sabina, Ernesto sempre foi un eterno adolescente eternamente indignado. Un rebelde con causa que amaba a vida, pero que nunca renunciou ás súas propias regras. A semana pasada o seu danado organismo non aguantaba máis. Foise sen odiar a ninguén, pero sí burlándose de moitos, có seu peculiar sarcasmo e sentido do humor. Agora a dor é un mal recordo do pasado. Agora, descansa en paz.


10 respostas a “ERNESTO BARREIRO, IN MEMÓRIAM

  1. Pois a min non me parece unha tontería nin protajonismo nin merdas pareseme moi bonito e é unha expresión de afecto e sentimento. Moitos sentimos cariño por Ernesto alá onde queira que esté.

  2. disculpas aceptadas pero ainda asi creo, e nesto podemos estar de acordo q hay tempo e tempo para facelo!a miña critica non vai contra o articulo sinon no momento de facelo,gracias!!!

  3. Para o último comentario anónimo: a persoa que escribiu o artigo sobre Ernesto era moi achegada a el e coñecíao moi ben. Por outra parte, pedíuselle aprobación a un membro da súa familia directa. Aínda así, lamentamos profundamente o teu enfado.

  4. eu quedo acojonado co afan de protagonismo e ejoismo q existe neste mundo.hay unha semana e xa con tonterias na web.hay xente bastante insensible ca dor da xente.pareceme indignante.e calquera q coñecera a ernesto sabria q a el internet era unha cousa q non lle molaba nada!creo q hay tempo pa todo,pa enseñar o seus retratos e a sua obra e falar si queredes da vida del pero pa todo existe o seu tempo e vos a semana de morrer xa andades con merdas!!!!!despois falamos no articulo de hipocresia e creo q sodes os mais hipocritas!!!!estou convencido q sabedes ben pouco do susodicho!!!respetade primeiro a familia e as suas fillas q tanto nombrades e deixade correr un pouco de tempo!!!!

  5. encantoume conocer aernesto na epoca da sua adolescencia foy importante na miña vida en esa epoca o meu sentido pesame a sua familia e sobre todo as suas fillas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s