O nacemento do albariño “Paco&Lola” marca un antes e un despois na maneira de comprender a presenza do viño en distintos ámbitos, incluido os nosos fogares. Un dos motivos principais é o seu innovador deseño: elegante, moderno e divertido; unido á sempre elevada calidade dos albariños da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Dende moi pronto, algo facía pensar que “Paco&Lola” ía ter moi boa relación có mundo da moda, xa que logo, as súas cores negra, branca e turquesa, axiña se fixeron distintivas, converténdose en marca de estilo. Hoxe en día a relación “Paco&Lola” e moda está máis que afianzada.
Fai unhas semanas Ágatha Ruiz de la Prada brindaba con “Paco&Lola” en Milán durante a inauguración dunha exposición nunha das súas tendas. E esta semana o albariño máis “cool” acudirá á “Cook and Fashion”, que se celebrará en San Sebastián coa presenza de oito destacados cociñeiros que acompañarán os seus pratos con “Paco&Lola”, e no que tamén terá lugar un desfile en homenaxe ó deseñador Andrés Sardá.
“Paco&Lola” elabórase na Cooperativa Vitivinícola Arousana, con sede en Xil (Meaño), en pleno corazón do Val do Salnés.
Probastes o licor de framboesa?