OS DISTURBIOS DE ANTES NOS CAMPOS DE FÚTBOL DA AROUSA

“Fillo dunha negra”. O que pretendía ser un insulto, ademáis de terriblemente racista, ferinte, acababa sendo unha das cousas máis suaves que escoitaban os árbitros dos partidos de fútbol celebrados na Illa de Arousa en canto xurdía unha polémica no terreo de xogo.

Eran moitos os domingos nos que os adultos chegaban á casa ou ós bares contando a batalla  que se organizara no “Salvador Otero”, ante as miradas de incomprensión dos nenos. Cando iso sucedía os berros escoitábanse en toda a Arousa e, normalmente, os árbitros tiñan que acabar pechados nos vestiarios, como única maneira de defenderse. Entón, chegaba a noite, e un non podía evitar preguntarse se o árbitro aínda continuaría alí.

Un dos casos máis graves recollíao o xornal “ABC” na súa edición do 12 de maio de 1971, segundo unha nova aparecida en “La voz de Galicia”. Durante o encontro pertencente ó Campionato das Rías Baixas, que enfrontaban ó Céltiga e ó Catoira na Illa de Arousa, o árbitro expulsou a tres xogadores do equipo local por xogo agresivo. Coas iras dos asistentes fervendo, desatouse tal descontrol que ata á Garda Civil lle costou amainalo. O suceso rematou con 8 detidos, e o que é peor, o árbitro inconsciente e o fillo do entrenador do Céltiga ferido grave, despois de intentar defendelo.

Estes feitos, aínda que graves e absurdos, eran habituais en tódolos campos de fútbol e non cesaron ata que se puxeron en vigor todas as normas que xa todos coñecemos. Pero o que diferenciaba á Illa do resto dos pobos, e polo que naceu toda unha lenda negra, era porque dalí non se podía escapar, nin as situacións invitaban a someterse ós ríxidos horarios da motora.

Iso ocasiona que hoxe en día en moitas ocasións se trate á Illa de Arousa con certos prexuízos, o cal queda claramente reflectido nos relatos que certos xornalistas levan a cabo cando se trata de acontecementos sucedidos na Arousa ou cando hai algún arousán implicado, xa sexa en materia deportiva ou non.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s