EUCALIPTO, A ÁRBORE DA CONTROVERSIA

O frade Rosendo Salvado, que estivo nas misións en Australia -de onde é orixinario o eucalipto-, foi o introdutor desta árbore en Galicia, concretamente na Alameda de Santiago de Compostela no ano 1860.

A súa adaptación ó clima e ó solo galego foi espectacular, polo que non tardou en ampliarse a todo o territorio. Os eucaliptos foron plantados en masa nos montes galegos, debido á súa apariencia de árbore exótica e exuberante. Xunto cós piñeiros chegaron a proscribir ás especies nativas.

Pero axiña se fixo demasiado evidente a rapidez coa que os eucaliptos degradan os solos, debido ós enormes aportes de auga que precisa. De feito, durante a época franquista foi un dos responsables máis importantes da desaparición dun gran número de humedais.

É unha árbore moi aprezada polos seus usos mediciñais e aromáticos, pero, ó mesmo tempo, atrae industrias indesexables como as de fabricación de pasta para papel, industrias estas que sempre están baixo sospeita en materia medioambiental. Isto supón unha seria preocupación en territorios como o galego, no que o sector primario é de vital importancia polo gran potencial có que conta.

Aínda que no monte galego hai unha tendencia á recuperación de especies arbóreas nativas, como o carballo que ten un desenvolvemento máis acorde coas características do solo galego, a demanda de eucaliptos aumentou considerablemente na pasada primavera. E é que o seu rápido crecemento fai que non teña competencia algunha en determinadas actividades, como a venta de madeira.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s