REGRESO Ó “CONTO DE NADAL” DE DICKENS

charlesdickenspage.com

O autor británico Charles Dickens escribeu, case con toda seguridade, das historias transcorridas no Nadal máis fermosas. “A Christmas Carol”, na versión castelá titulada “Cuento de Navidad”, foi publicada en 1843, e xa nese primeiro momento supuxo todo un éxito.

Nela relátase a historia de Ebenezer Scrooge, un avarento vello que na véspera do día de Nadal recibe a visita de tres pantasmas que lle farán cambiar a súa visión das cousas.

En “A Christmas Carol” é moi importante o contexto no que se sitúa. O Londres de mediados do século XIX, xa de por si unha estampa de Nadal, tamén é unha cidade en pleno auxe da Revolución Industrial, o cal da lugar a unha morea de problemas sociais, como a falta de hixiene das rúas, a pobreza e a sobreexplotación infantil. No conto reflíctese esa sociedade, sobre todo na incansable felicidade dos miserentos e na amargura dos ricos.

Con todo, trátase dunha historia tan atemporal e universal, ó igual que todo o conxunto da obra de Dickens, que son innumerables as versións realizadas para cine, teatro, cómics,… e aínda incluso trasladando a trama ó nosos días e adaptando as personaxes a todo o imaxinable. Por iso hoxe, por tratarse dunha lectura esquecida, dende aquí reivindicamos o texto orixinal, o auténtico e probablemente o mellor.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s