O SOLSTICIO DE INVERNO, O INICIO DO “NADAL CELTA”

O solsticio de inverno é o momento do ano no que o sol está nunha posición máis lonxana con respecto ó Hemisferio Norte, polo tanto trátase do momento no que menos luz recibe e ten lugar entre o 21 e o 23 de decembro.

Na antiga cultura celta, era esta unha época de renovación e esperanza. Supuña o final dun ano e a fin da escuridade, así como o nacemento dun novo sol. Polo tanto, era unha época na que se celebraban infinidade de festas e rituais.

Na Idade Media, os papas cristiáns daquel entón trasladaron a celebración das festas da natividade a esas datas, porque eran uns días xa festivos de por si, e tamén para tentar desvia-la atención dos festivais pagáns. Así pois, moitas tradicións dos antigos celtas chegan ata nós “traspasadas” nos festivos critiáns.

O solsticio de inverno tiña o nome de “yule” na cultura celta. O “yule” era unha árbore da cal o tronco ardía lentamente nas lareiras durante toda a noite. E é que a figura da árbore era moi importante para os antigos celtas. Era símbolo de poder e forza, e tamén exercía de protector. Polo tanto, canto máis grande era a árbore, mellor. Aí é onde ten a súa orixe a actual árbore de nadal, presente hoxe en día en case todos os fogares.

Tamén era tradición poñer ramiñas de acivro nas portas das casas, porque era sinal de invitación para que as fadas da fortuna entrasen. En moitas ocasións, o acivro se poñía tamén no interior das vivendas, como unha extensión da devandita invitación.

Todas estas tradicións foron aumentando e enriquecéndose có paso dos séculos. Tanto é así que, durante o Imperio Romano, era habitual durante estas datas o intercambio de regalos de prata.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s