A CRTVG, SEN METEORÓLOGOS

Fai unhas semanas sorprendíanos a nova de que a Televisión de Galicia ía prescindir dos meteorólogos por mor de non dispor de diñeiro para tal servizo.

Días despois o colectivo de meteorólogos emitía un comunicado expresando dende o seu punto de vista a importancia de contar cun servizo como o da meteoroloxía dentro dunha canle pública, así como o nulo aforro que se acadaría ó ter que ser outros xornalistas os que narren a información meteorolóxica.

No comunicado tamén se responsabilizaba de chegar a tal situación ó feito de que os presentadores do espazo “O Tempo” abriran un proceso legal contra a TVG có obxectivo de equiparar os seus dereitos ós do resto dos traballadores da canle, sendo o despido inminente a resposta que obtiveron.

A TVG confirmou que seguirá contando con MeteoGalicia para configurar a información meteorolóxica. Fai uns días, un dos meteorólogos afectados, Carlos Fernández Balseiro, escribía unha emotiva nota na que daba a coñecer, mediante a rede social “Facebook”, tanto os difíciles inicios de MeteoGalicia como a frustración pola situación que el e os seus compañeiros viven na actualidade.

Lembremos que MeteoGalicia é unha das páxinas de meteoroloxía máis consultadas en Galicia, sendo tamén referencia en moitos medios de comunicación, os cales louban constantemente a súa elevada porcentaxe de acerto.

Por outra parte, a información do tempo sempre é un dos contidos que máis agardan os espectadores de telexornais e de espazos informativos. No caso de Galicia, que conta cun elevado volume de traballadores de mar e de terra, esixe unha información meteorolóxica detallada e pormenorizada, que non atopa en espazos meteorolóxicos correntes. E é que aínda son moitos os sectores económicos que dependen do estado do tempo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s