“O ENTERRO DE CASAGEMAS” (PICASSO): A DOR AZUL

No ano 1900 Picasso, acompañado polo seu amigo, o barcelonés Carlos Casagemas, viaxa a París por primeira vez, onde comparten un estudio en Montmatre. Alí, os dous coñecen unha sociedade totalmente diferente da que proviñan: as demostracións amorosas en público das parellas, os escandalosos espectáculos, as costumes frívolas, os bailes… Os dous pintores coñecen a liberdade e pouco tardan en asumir aquela vida bohemia.

"O enterro de Casagemas" (Picasso)

"O enterro do Conde de Orgaz" (El Greco)

Pero meses despois, Casagemas namórase dunha modelo e resulta non correspondido, circunstancia que o empuxa ó suicidio. A morte de Casagemas colle por sorpresa a Picasso, que queda profundamente impresionado. O feito de verse a si mesmo regresando sen o seu amigo a España e a obriga de asumi-la morte por primeira vez, ía quedar reflectido na súa obra.

Case ó mesmo tempo, ve o cadro “O enterro do Conde de Orgaz”, de El Greco. Aí será onde atope a súa inspiración para a obra coa que homenaxearía ó seu amigo. Así pois, Picasso collería de El Greco o alongamento esaxerado das figuras, símbolo da súa eternidade, aínda que no caso de Picasso, símbolo de enfermidade e rexeitamento. Observando os dous cadros resulta evidente o parecido das dúas composicións. Nos dous cadros o efecto das nubes dan un resultado tráxico. Pero no ceo, non son anxiños os que agardan a Casagemas, senón un grupo de prostitutas espidas, nun último esforzo de Picasso por concederlle a un descanso feliz ó seu amigo.

En “O enterro de Casagemas” predomina a cor azul por primeira vez na obra de Picasso. Así, este cadro marca o inicio da época do mesmo nome, que ía durar ó longo de catro anos. O azul pareceulle a Picasso a cor máis axeitada para expresar a dor. Un azul que se foi facendo cada vez máis intenso a partir da obra que marca o seu inicio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s