25 ANOS DA NEVE EN AROUSA

Amencía un día calquera de mediados de xaneiro de 1987 na comarca de Arousa. Un día rutinario, posiblemente, dos máis do ano. Ata que abreu a luz do día e deixou ver un espectáculo de beleza, que so un capricho metereolóxico podía aportar.

Por aquel entón, Manuel era un neno de 10 anos que vivía na Illa de Arousa. Naquel amencer, permanecía adurmiñado na súa cama, agardando a que a súa nai o fora chamar para ir á escola, como todos os días. A súa nai axiña chegou, pero estaba máis emocionada do normal, “ven, ven a mirar” -díxolle. Manuel, frotándose os ollos, mirou na cociña, no corredor,… pero non viu nada estraño. E tivo que ser a súa nai, de novo, a que lle sinalase, “mira fora”.

E naquel intre decatouse daquela paisaxe branca, máis fermosa, se aínda é posible, a través da mirada dun neno. A nai de Manuel acabada de dar con outras veciñas, que rían e comentaban, case sen poder crer o que vían. Manuel comezou a andar polo xardín. Todo estaba cuberto de neve, o patio, as herbas, as árbores que estaban na beira do camiño… Semellaba un conto, ou un regalo de Nadal retardado. Pero non, era algo mellor. Manuel abreu os brazos e mirou para o ceo. As folerpas caían sobre el suave e lentamente. De súpeto, a súa nai tiroulle do brazo e empuxouno para a casa. “Non ves que estás en pixama?, vas enfermar!!”

Aquel día, todos os que tiveron a oportunidade de escapar do traballo, non dubidaron en facelo. Os nenos, pola súa parte, non tiveron escola. Pasaron a mañá facendo bonecos de neve e tirándose bolas. Todo o mundo estaba moi pendente do ceo, porque de cando en vez, nevaba de novo. O camiño estaba ateigado de xente, pois ninguén quería perderse de ver ningún recuncho da Arousa tinguido de branco.

A do 87 sería lembrada como a “gran nevada”. En case toda a costa galega chegáronse a inusuais temperaturas de 0º e todo o litoral foi cuberto de neve, dende A Coruña ata Vigo. A fascinación foi común en todas partes. Dicíase por aquel entón, que tal fenómeno só ocorre cada 40 anos de media. Pois xa van alá 25, xa queda menos para a próxima.

3 respostas a “25 ANOS DA NEVE EN AROUSA

  1. Eu tería uns dous anos, pero teño un recordo dese momento en pontevedra. eu collido nos brazos da miña nai mentres miña irmá e miña tía xogaban fora coa neve. supoño que daquela época nin era consciente do que era iso, hoxe houbéseme gustado ser máis maior para poder desfrutala.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s