AS TENSAS RELACIÓNS ENTRE FRAGA E A ILLA DE AROUSA

Inauguración da ponte da Illa de Arousa (1985)

Coa desaparición de Manuel Fraga, falecido o pasado xaneiro, chégase á fin definitiva dunha época. A imaxe de Fraga sempre se viu danada polo seu forte carácter, máis sobre todo, pola súa formación como político dentro dunha dictadura militar na cal chegou a ser unha especie de “ministro estrela”.

Onde se lle quería, queríaselle moito, pero onde non, non se lle quería absolutamente nada. Un caso moi particular compréndeo a súa relación coa Illa de Arousa, un lugar que dende moi pronto deixou fora dos seus esforzos conquistadores.

Durante os seus primeiros anos como líder de Alianza Popular, Fraga estivo na Arousa participando en mítins. Pero o verdadeiro punto de inflexión entre Fraga e a Illa de Arousa chegaría o 14 de setembro de 1985, o día da inaguración da ponte da Illa. Aínda que principalmente festivo, foi tamén un día cargado de tensións e nervios. Na inauguración congregáronse unha chea de dirixentes e altos cargos, entre os que se atopaba Fraga. Alí deron cun pobo que non dubidou en expresar o seu descontento ante algunhas das actuacións daqueles políticos diante deles, e que nun momento dado, ata lles deron as costas para celebrar a súa propia inauguración.

Anos despois, xa como presidente da Xunta de Galicia, as formas de proceder de Fraga coa Illa de Arousa demostraron que nunca perdoou o desaire ocorrido naquel día. Naquela época, Fraga abría os telexornais dándose auténticos baños de multitudes durante as inauguracións. Poucas foron as veces que acudiu á Arousa con tales fins, pero cando o fixo, case nin se informaba. As visitas apenas aparecían nos medios e os actos transcorrían case sen público.

A catástrofe do Prestige supuxo a maior crise dentro dos 16 anos de goberno de Fraga. Naquela ocasión a xente da Arousa enfrontouse ó problema protexendo cós seus propios medios e maquinaria de traballo a entrada de “chapapote” na ría. Aquilo poñía en grave evidencia ós dirixentes, polo que Fraga tampouco había de estar moi contento con aquela situación.

Chegou despois ás zonas máis afectadas “cós petos cheos de cartos”, segundo as súas propias palabras. Falar de cartos ante semellante desfeita ecolóxica, indignou a moitos. Pero os feitos posteriores acabaron por darlle a razón a Fraga, pois non foron poucos os que venderon ben barata a súa indignación ante a chegada de rápidas e cuantiosas axudas económicas.

6 respostas a “AS TENSAS RELACIÓNS ENTRE FRAGA E A ILLA DE AROUSA

  1. recordade ke nn decides ke se foy a pedradass fraga do carallo ¿nn vos conven ou ke? a decir decir toda a verdade nn a medias e facendo bonito !!!!!!xa me empezades a caer mal ides polo camiño dos periodistas comprados calados de conveniencia dicide a verdade sempre a verdade !!!! e o ke vale nesta vida x moy cruda ke sexa !!!! un saludo a todolos karkamans de verdade ke loitan de certo e fan o ke teñen ke facer o xusto nesta vida !!!!!!! e nn x cartos sinon x xustiza e pola calidade de vida dos seus fillos!!!!gracias

  2. David, ti non cambias os calzoncillos cada certo tempo???, pois dependendo de como esté a situación, calquer cidadán é libre de cambiar cada certo tempo para quen lle “parezca´´ que pode levar mellor a situaciónactual , en catro anos pasan moitas cousas, unhas do teu agrado, outras non, entón así cando cambias de calzoncillo por que está sucio e o tes que lavar…pode pasar o mesmo coas persoas nas que unha vez confiaste e lle deste o teu voto.

  3. Vivimos 5 años en la Illa de Arousa y nuestros amigos siempre nos recuerdan la historia de la inauguración del puente.
    Nos cuentan que el puente se inauguró por el lado de Vilanova y por el lado de la Illa había barricadas quemando neumáticos ¿será una leyenda urbana o habrá documentos gráficos?
    Enhorabuena por el Blog ;-))

  4. Moi bo apunte, ainda que se bota de menos explicar un pouco máis qué pasou exactamente o dia da inauguración.
    Non foi simplemente tensión. Foi o mellor exemplo dun pobo unido, todos impedindo pasar a guardia civil hacia a ponte, a propia inauguración, desde a Arousa, non desde Vilanova (moi simbólico) e polos máis vellos, non por persoas dispostas a encherse de cartos e que cambian de cara cada 4 anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s