O CENTRO GALEGO DE BARCELONA: UN ANACO DE GALICIA NO MEDIO DAS RAMBLAS.

Cunha situación privilexiada como son as Ramblas, o lugar de encontro máis importante de Barcelona, atópase o Centro Galego, fundado en 1892. Nada máis chegar, un busto de Castelao recibe ó visitante. Subindo as escaleiras, xa se oen conversas en galego, aínda que non é raro escoitar todo tipo de idiomas, pois son moitos os turistas estranxeiros que confunden o centro coa pensión que hai noutro dos pisos.

Entrada do Centro Galego de Barcelona.

Bibioteca Otero Pedrayo.

No Centro destaca o seu enorme e elegante salón, cun teito de frescos que foron restaurados recentemente. A Sala Ferrío é o salón de actos, e alí é onde teñen lugar a meirande parte das actividades culturais. No Centro Galego está tamén a Biblioteca Otero Pedrayo, que na actualidade conta con máis de dez mil volumes. Por desgraza, a Biblioteca sufriu un fatal incendio en 1978 no que se perderon fondos de gran importancia.

Dentro do Centro Galego hai tamén unha pequena cantina na que se pode tomar unha Estrella Galicia e ata pedir unha tapa de orella, entre outras tapas típicas galegas. Os socios xúntanse alí, no pequeno recuncho galego que é o Centro Galego de Barcelona. Conversan, fan actividades culturais, tentan mitigar a morriña e esquecen, aínda que só sexa durante unhas horas, o lonxe que está Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s