Todo ten un principio. E a identidade portuguesa como tal, tamén. Pero coa diferencia do que a cotío sucede, nesta cuestión coñécese o lugar, Guimaraes, e a data, o ano 1128, no que tivo lugar a Batalla de San Mamede e que foi gañada por Don Alfonso Henriques, feito que se considera o comenzo do nacemento da nacionalidade portuguesa.
De feito, ó chegar ó centro histórico da cidade, que alí chaman o “outeiro sagrado”, pódese ler nun dos seus muros “aquí nasceu Portugal”. Toda esta zona antiga foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 2001. A iso contribuiron a Igrexa de San Miguel e o Palacio de Braganza, lugares que non hai que perder durante a visita.
Hoxe en día, Guimaraes é una pequena e acolledora cidade do norte de Portugal que ten máis de 52 mil habitantes. Está ateigada de rúas estreitas e sinuosas, tan propias das cidades antigas. De entre as súas prazas destacan a de Santiago e a Praza da Oliveira a cal, chea de bares e restaurantes, articula a actividade social da cidade.
Outra visita obrigada e a Igrexa de San Gualter, patrón e protagonista das festas locais máis importantes de Guimaraes, que se celebran cada mes de agosto, na primeira semana. E porqué non, pode un achegarse tamén ata o estadio do Vitória de Guimaraes, equipo de fútbol da cidade que milita na primeira división portuguesa.
Por todo este invalorable patrimonio artístico e cultural, Guimaraes é a Capital Europea da Cultura 2012. A continuación, deixámoslles cun video promocional da capitalidade.
O POUCO QUE COÑEZO DE GUIMARAES PARECEME UNHA CIDADE PRECIOSA, CREO QUE ESTE ANO NOS IMOS CONTRIBUIR A FACER UN BO ESPECTACULO
O DIA 17 DE JUNIO.