BENITO SOTO, O PIRATA GALEGO QUE INSPIRA O ENTROIDO DE PONTEVEDRA.

Non é nada habitual que os nomes dos piratas, galegos ou españois, traspasen as fronteiras da historia para chegar ata os nosos días. Non é o caso do pirata pontevedrés Benito Soto, quen a pesar de ter unha vida moi curta, estivo chea de aventuras e vivencias, a cada cal máis sanguenta e terrorífica. Claro que isto último será obviado en favor da troula durante a “noite pirata” que celebrará Pontevedra durante este martes de entroido, e que terá como gran protagonista a Benito Soto e ó seu barco, o “Burla Negra”.

Benito Soto naceu en 1805 no suburbio mariñeiro de “A Moureira”, en Pontevedra. Pertencía a unha familia humilde e numerosa e cuns escasos 18 anos convértese en contrabandista. Os autores coinciden en que posteriormente estivo a bordo de barcos que se dedicaban ó transporte de escravos, nos que adquireu unha gran experiencia en conflictos armados.

Un destes barcos foi o “Defensor de Pedro”, no que Benito Soto chegou a ser nomeado segundo contrameste. En 1828, o capitán do “Defensor de Pedro”, xunto con algúns tripulantes abandonan o barco, ó sospeitar que se está conspirando un motín. Toma o mando un tenente portugués, que axiña se terá que enfrontar a unha grave revolta liderada por Benito Soto, quen tomará o poder logo do asesinato do seu adversario. Agora o “Defensor de Pedro” é un barco pirata que actuará sen lei e baixo ningunha bandeira de ningún governo. Comeza entón a ser coñecido como o “Burla Negra”.

Atópanse no Golfo de Guinea e dende alí inician unha viaxe cara as costas galegas. Trátase dunha sanguenta travesía, na que non dubidan en atacar a todos os barcos que atopan. Son todos ataques crueis e violentos, auténticas carnicerías, nos que Benito Soto irá xuntando grandes botíns. Especialmente terrible foi a matanza levada a cabo no “Morning Star”, do que non deixaron vivo nin a un so dos seus tripulantes e afundiron o barco.

Unha vez que chegaron a Galicia, concretamente a Marín, Benito Soto atopouse con inesperadas dificultades para vender todos os tesouros acadados. Así pois, decidiron viaxar ata o sur para probar mellor sorte. Chegaron entón a Cádiz, que estaba baixo xurisdición tanto inglesa como española. Os piratas foron apreixoados e Benito Soto foi condenado a morte por un tribunal inglés. Morreu na forca en xaneiro de 1830, sen ter sequera 25 anos, logo de pronunciar estas últimas palabras: “Adeus a todos, a función rematou”.

Evidentemente, a realidade vese de maneira moi diferente entre aquela época e hoxe. Por aquel entón, o mar era un campo de guerra, cunha intensa rivalidade entre españois e ingleses. Son moitos os autores que coinciden en afirmar que si Benito Soto vivise un século antes, sería hoxe lembrado como un símbolo da aventura e da liberdade, ó estilo do Francis Drake inglés e tan do gusto do Romanticismo. Ó contrario de Drake, Benito Soto non ten estatuas nin é lembrado coma un cabaleiro, pero en troques, o poeta romántico José de Espronceda, gran admirador seu, dedicoulle o seu célebre poema “Canción del Pirata”, o máis grande canto de liberdade das letras españolas.

Unha resposta a “BENITO SOTO, O PIRATA GALEGO QUE INSPIRA O ENTROIDO DE PONTEVEDRA.

  1. Gracias, son de Pontevedra y no tenía ni idea de que o entroido pirata se inspiraba nestepersoeiro, un grande aporte para mín. Gústame que fales de persoeiros galegos que quedaron no olvido. O artigo sobre Rosalía estivo moi ben pero é interesante falar destes homes e mulleres olvidados pola historia.
    Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s