TEMPO DE ENTROIDO, TEMPO DE COMEDIA NA RÚA.

Non son poucos os historiadores que falan da existencia dun teatro popular medieval do que case non quedan referencias, pero si moitos vestixios en festas e tradicións galegas. Sobre todo no entroido, que si por algo se caracteriza en Galicia é pola enorme cantidade de representacións que teñen lugar na rúa durante estes días.

Así pois ata non fai moito eran habituais as representacións de casamentos, onde podían participar unha chea de “actores”, onde destacaban o papel do cura e do sufrido noivo, que non adoitaba ter moi boa predisposición para casar.

Outro gran exemplo é o ancestral entroido de Laza e os seus famosos “peliqueiros”, personaxes moi respectadas, dos que nin sequera se lles chama “disfraz”. Para aqueles que os encarnan trátase dun sentimento que vai máis aló dos días de entroido. Polo demais, nunca se verá a un “peliqueiro” quitarse a careta ou deterse no medio da rúa.

Por outra parte a “farsa de Bora”, aldea que se atopa preto de Pontevedra, foi recollida por Bouza Brey, ó relatar a crónica do ano ó que el asistiu, 1947. Nela participan unha vella, o alcalde e os seus criados.

No entroido galego eran tamén moi frecuetes antigamente os xuízos. En moitas ocasións eran animais os que se xulgaban, por exemplo galos, e ata se soltaban algúns para que todo o mundo correra detrás deles para capturalos.

Seguindo cós animais, célebre é tamén a mula de Viana do Bolo. A mula, que non é máis que uns cantos rapaces cubertos cunha manta, percorren as rúas importunando ós transeúntes, baixo a direción do maragato.

Pero, para representacións, aquelas que se fan no tradicional “enterro da sardiña”. Xa sexan sardiñas, momos, liborios ou loros, do que non cabe dúbida é do gosto dos galegos pola esaxerada interpretación dos choros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s