O REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS: MÁIS QUE VOLUNTARIOS.

Por moito que miremos ó noso redor, poucas veces imos atopar iniciativas tan interesantes, solidarias e exitosas como a que leva a cabo o Refuxio de Animais de Cambados.

Situado en Refoxo (Corvillón), o Refuxio, presidido por Olga Costa, semella modesto en aparienza, pero contén multitude de proxectos en execución, nos que se coidan especialmente o benestar, a hixiene e a saúde dos animais que viven alí.

Parte das instalacións do Refuxio. http://www.facebook.com/refugioanimalescambados

Non debe confundirse cunha canceira corrente. O Refuxio é moito máis cá iso. Recollen animais malferidos, por exemplo cans atropelados ou maltratados,  e cúranos e búscanlles un fogar. Os animais que se recollen tanto poden ser procedentes de Cambados como de calquera dos arredores, pois nunca lles negan axuda a calquera animal que a precise. En moitas ocasións, isto último fai que as instalacións se queden pequenas e que as axudas e o personal sexan escasos.

O Refuxio recibe unha axuda mensual do axuntamento, pero a súa gran riqueza reside na labor humana. A xente que traballa alí, faino de maneira desinteresada e voluntaria, é dicir, sen cobrar. Invirten alí horas e horas do seu tempo, incluso fines de semana, sacrificando, en moitas ocasións, o seu tempo de lecer. Son como unha gran familia, da que todos e cada un dos animais forman parte.

De entre todas as iniciativas que pon en marcha o Refuxio, que son moitas, destaca o Festival da Pulga, que tivo lugar en decembro pasado e que congregou unha chea de actividades que tiñan como fin a recaudación de fondos. Por outra parte, cada sábado pola mañán ten lugar o “sácame de paseo”, que consiste precisamente niso, en pasear cans, e que é perfecto para persoas que por diversas circunstancias non pode ter cans na casa. E, por suposto, non podemos esquecer os enormes esforzos que realizan para atoparlles un fogar ós animais, cousa que fan con gran porcentaxe de éxito, por certo.

No Refuxio, como se pode presumir, calquera axuda, en calquera das súas formas, é pouca. Por iso, si desexan obter máis información ou colaborar dalgunha maneira, non deixen de visitar a súa páxina web, www.refugiocambados.es.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s