O idioma galego sempre chega tarde ás novas tecnoloxías. Lembremos todo o que tivemos que agardar para que o noso teléfono móvil puidera estar en galego, ou cando os sistemas operativos dos computadores non tiñan corrector ortográfico de galego. Aínda que certo é que algúns sistemas operativos aínda hoxe non dispoñen de tal corrector, coma no caso dos Macintosh ata non fai moito.
No caso dos dicionarios a situación non é mellor. A día de hoxe, en toda a rede non se dispón dun dicionario de galego actualizado e libre, agás o sempre ben acollido dicionario Estraviz. Internet é a maior vía de consulta de todos os cidadáns, sendo esta unha tendencia que se agranda día a día. Cunha conexión a internet temos ó noso alcance centos de dicionarios en centos de linguas, así como dicionarios de tradución dunhas linguas a outras, pero non en galego. Sendo así, non é de estrañar a pouca difusión da que goza o noso idioma.
A principios de febreiro, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, anunciaba para mediados dese mes que a versión online do novo dicionario estaría dispoñible na rede. Pero a realidade é que, con marzo xa comezado, a páxina web da RAG continúa igual que sempre, sen máis novidade. Agardamos, entón, que se trate dun retraso o máis breve posible.
Que o galego chega tarde às tecnologias? O Dicionário Estraviz (http://www.estraviz.org) está na rede desde 1 de janeiro de 2005. Quem chega tarde é a RAG, obviamente.
outro exemplo máis da inutilidade da REAL AG
eu teño mac e si teño diccionario ortográfico en galego. O libre office o ten e tamén o navegador
Pingback: A RAG segue sen publicar o dicionario de consulta na rede
Non todas as linguas contan con real academia, nin todas as reais academias publican dicionarios, nin os dicionarios das reais academias, só por iso, son os mellores. Por poñer un exemplo, moitos dirán que o mellor dicionario de castelán é o María Moliner e non o DRAE. Sería polo tanto máis acaido falar de ausencia de dirionario RAG en liña. Tampouco teño claro que non exista tal dicionario
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html
Agora ben, o galego conta cun dos mellores dicionarios en liña que hai, o dicionario electrónico Estraviz, que tamén permite as pesquisas coa norma ILG-RAG.
http://www.estraviz.org/
O galego na rede goza de moi boa saúde se o comparamos con outros ámbitos. No software libre ten unha presenza destacada.
Aí van algunhas ferramentas
http://conxugador.cilenis.com/
https://addons.mozilla.org/es-es/firefox/addon/corrector-de-galego/versions/?page=1#version-2.2.3
No referente ao software de teléfonos móbiles e outros aparellos podes mercar marcas que si teñen soporte en galego ILG-RAG ou recorrer ao portugués.
Boa noite.
Sería máis acaido dicir “dicionario da RAG”. Os dicionarios non teñen porque ser necesariamente obra das reais academias, nin isto garante que sexan mellores ou máis correctos. É certo que dende o punto de vista estritamente legal, a lei de normalización lingüística do 83, na súa única disposición adicional, di que en cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola RAG.
Dito isto, poñamos un exemplo, cal é o mellor dicionario de castelán? pois moita xente dirache que o María Moliner e non o da RAE.
Resumindo, non todas as linguas contan con reais academias, non todas as reais academias teñen dicionario, e non todos os dicionarios das reais academias son os mellores. Pois ben, hai moito tempo xa que na rede temos unha ferramenta moi boa e de balde, o dicionario electrónico Estraviz, permite a pesquisa na norma ILG-RAG.
http://www.estraviz.org/
Por certo, tamén deixo o enlace ao dicionario da RAG
http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp
No do software, hai tempo que existen correctores ortográficos de galego para mac. No software libre, a presenza do galego é notábel.
Aí vos deixo o enlace a algunhas ferramentas útiles
http://digalego.com/diccionario/Html/conxugar.php?verbo_pasa=conxugar
http://digalego.com/
http://conxugador.cilenis.com/
http://www.verbix.com/languages/galician.shtml
Mil primaveras máis para a nosa lingua.