“FOTÓGRAFOS DA NATUREZA”, A BELEZA MÁIS SALVAXE NUNHA EXPOSICIÓN EN PONTEVEDRA.

O Centro Cultural Novacaixagalicia – Café Moderno, na cidade de Pontevedra, acolle estes días unha exposición das imaxes máis fermosas e impactantes recollidas en ámbitos naturais. A exposición, que permanecerá aberta ata o 20 de maio, amósanos o Veolia Environment Wildlife Photografer of the Year, prestixioso premio de fotografía que ven convocando ó longo de 47 anos o Museo de Historia Natural de Londres e a revista de natureza da BBC. Precisamente este ano, e por primeira vez na historia do certame, o primeiro premio foi gañado polo español Daniel Beltrá, cunha imaxe de pelicanos cubertos de petróleo no Golfo de Mexico. A parte da propia beleza da natureza, cada imaxe leva consigo unha historia diferente. Retratar a natureza en entornos salvaxes non é nada doado e require moitas habilidades por parte do fotógrafo, como a paciencia, enfrontarse ó perigo ou o don da oportunidade. O resultado son imaxes conmovedoras e únicas, como a do hipopótamo ameazante que defende o seu territorio, a amizade entre o fotógrafo e unha raposa, ou o fotógrafo que retrata unha formiga paseando por unha folla, despois de catro días de espera.

Unha resposta a ““FOTÓGRAFOS DA NATUREZA”, A BELEZA MÁIS SALVAXE NUNHA EXPOSICIÓN EN PONTEVEDRA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s