VINCENT VAN GOGH. BENVIDOS Ó “CAFÉ NOCTURNO”.

“Aquel lugar onde un arruínase, acaba por volverse tolo e ata pode chegar a cometer crimes”. Vincent Van Gogh. 

Si pouco usual é o caso de Picasso, quen se fixo rico cós seus cadros en vida, asisteu ás súas homenaxes, tivo matrimonios felices e viveu ata o último día da súa vida rodeado de fillos e amigos, non menos raro é o caso totalmente oposto, o de Vincent Van Gogh.

Toda a súa existencia foi unha voráxine autodestrutiva. Moi inestable nos seus empregos, viveu a meirande parte da súa vida grazas á axuda económica do seu irmán Theo. Estaba obcecado coa pintura e a súa vida transcorreu durante moito tempo entre a pobreza e a loucura. Como pintor, como todo o mundo sabe, foi todo un incomprendido.

Durante a súa época na cidade francesa de Arles, Van Gogh vivía preto dun café, na Place Lamartine, que adoitaba frecuentar. Estaba aberto durante toda a noite. Fascinado polas lámpadas que colgaban do teito, Van Gogh relata na súa correspondencia cómo chegou a pasar ata tres noites seguidas alí, durmindo só durante o día. O resultado daquilo foi o “Café Nocturno”, de 1888.

O cadro non podía amosar cores máis vivas, fortes e alegres. Pero a escena resulta patética ó espectador. Ese reloxo que indica as altas horas da madrugada, a soidade dos borrachos debruzados sobre as mesas, a presenza fantasmagórica do dono do local, debido á incidencia da luz artificial. Segundo o artista, o vermello e o verde representan as “terribles paixóns humanas”, e daquela supuña que non lle ían pagar moito por el, por ser de gran crudeza. Non podía estar máis equivocado.

Tamén hai no “Café Nocturno” elementos para a esperanza, como a parella do fondo abrazada, o xarrón con flores luminosas e unha cortina entreaberta que axuda a intuir un lugar máis agradable.

O “Café Nocturno” é o cumio da representación da luz artificial de Van Gogh, así como a confirmación da súa enorme habilidade para retratar espazos interiores, máis aló das sillas, mesas, lámpadas ou a mesa de billar; ata chegar á melancolía, o descoñecido e a ruína.

Advertisements

Unha resposta a “VINCENT VAN GOGH. BENVIDOS Ó “CAFÉ NOCTURNO”.

  1. lendo as biografías, eu sempre sentín un rechazo hacia picasso e, en cambio, unha seucción por van gogh
    ben seguro que sei que unha cousa é ler e outra coñecer en vida,
    pero así, mirando de lonxe, o tormento de van gogh móveme.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s