AS RAPAZAS DE XIMNASIA RÍTMICA DA ILLA DE AROUSA, TRIUNFADORAS NO CAMPIONATO GALEGO BASE.

Con dous campionatos galegos (das dúas categorías nas que participaban) e con todas as rapazas clasificadas para o campionato estatal. Así regresaron á Arousa as rapazas do Club de Ximnasia Arousa Otero Gamma do Campionato Galego Base de Ximnasia Rítmica, celebrado na pasada fin de semana no polideportivo A Gándara, na vila coruñesa de Narón.

As sete ximnastas do Club Arousa Otero Gamma. Imaxe: Genaro Vázquez Iglesias.

As sete rapazas participantes recollen así os froitos do seu enorme esforzo, traballo e constancia, sen esquecernos do seu gran talento. E é que a ximnasia rítmica é un deporte que, en ocasións, chega a semellar unha danza debido ós seus fermosos movementos e á importancia da posta en escena. Pero trátase tamén dun deporte moi duro e competitivo que esixe fortes sesións de entrenamento, así como unha gran disciplina.

Asímesmo, é de gran importancia tamén a labor de adestradores, do patrocinador e dos pais das rapazas, porque a recadación de fondos é imprescindible para a participación nestes campionatos, así como o sacrificio do tempo de lecer dos pais para levar ás nenas en viaxes de horas e horas de estrada. Todos estes sacrificios tiveron a súa recompensa o pasado domingo. A continuación, amosámoslles os resultados da competición:

Categoría infantil:

Sandra Vázquez (1ª)

Paula Fernández (7ª)

Categoría cadete:

Mariña Dios (1ª)

María Juncal (4ª)

Cristina Vázquez (5ª)

Sara Mougán (6ª)

Noelia Feijoo (8ª)

Independentemente dos postos acadados, temos que dicir que todas as rapazas son unhas grandísimas campionas, pois como dicíamos antes, todas lograron clasificarse para o campionato nacional base que se celebrará en Benidorm entre os vindeiros días 20 e 22 de abril. Dende Aguamorta daremos boa conta de todo o que alí suceda, aínda que, pase o que pase, as rapazas xa se gañaron o dereito de ser todo un orgullo para o deporte arousán. Parabéns!

Advertisements

2 respostas a “AS RAPAZAS DE XIMNASIA RÍTMICA DA ILLA DE AROUSA, TRIUNFADORAS NO CAMPIONATO GALEGO BASE.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s