Días atrás, os paseantes das rúas de Pontevedra atopáronse cunha gran sorpresa: un orco enxaulado no medio da praza. Ía acompañado doutras dúas figuras sombrías e doutro extraño ser, que era o encargado de escoller, de entre toda a xente, ós máis débiles para botarllo de comer ó horrible orco.
“Hoxe non é o meu día de sorte”, que pensarían as pesarosas vítimas. Nada máis lonxe da realidade. Todo se trataba da promoción do Salón do Libro de Pontevedra, que este ano celebra a súa edición XIII, queremos dicir 12 + 1. Como non podía ser doutra maneira, nesta ocasión o fío condutor serán as supersticións, as tradicións, as crenzas, os amuletos e demais. De aquí até finais de mes, terán lugar unha chea de actividades, tanto para nenos coma para adultos, coma exposicións, obradoiros, roteiros guiados,… e unha homenaxe ó escritor lucense Paco Martín.
Será este entón un mes no que a fantasía ateigará a cidade de Pontevedra, e no que a imaxinación voará dunha maneira tal, que só se consigue có pracer da lectura.
noticias coma estas da gusto lelas…!