Dende as máxicas terras irlandesas chega o día de san Patricio, cada 17 de marzo, no que as grandes protagonistas son a cor verde e a cervexa, ou combinando as dúas, pois nese día ata se chega a tinguir a cervexa desa cor. Conta a lenda que san Patricio chegou a Irlanda coa intención de evanxelizar aquel lugar, pero os poboadores celtas que habitaban alí eran incapaces de comprender a santísima trinidade. Entón, san Patricio sentiu nese momento cómo baixo os seus pés medraba un trevo de tres follas, unha plantiña que lle resultou moi útil para explicarlles ós moradores o que pretendía. Así naceu a tradición do trevo e da caracterísitica cor verde. Hoxe en día máis lonxe que cerca da súa vinculación cristiá, o día de San Patricio celébrase en Irlanda con festivais e desfiles. Debido á tradición emigrante irlandesa e á exportación de cervexa, san Patricio é o santo máis celebrado do mundo, toda unha excusa perfecta para tomar unha cervexa entre amigos despois do traballo, en lugar de ir directamente para a casa. Claro que este ano non será o caso, xa que cadra en fin de semana. A continuación deixámoslles cunhas nocións de cómo se debe celebrar o Saint Patrick´s day coma se dun mesmísimo irishman se tratara. Pero non o tomen ó pé da letra, teñan sempre en conta o humor irlandés.
eu se hai que ir á igrexa, xa nada
😉
Diz-que foi justo ao invés. Foram os monges irlandeses os que introduziram o conceito de trindade no cristianismo. Na religião celta, todos os deuses e deusas são trindades.