FOTODENUNCIA – ILLA DE AROUSA: O POSTE QUE MURMURABA ÓS USUARIOS.

Cando os postes telefónicos, da luz, auga, etc… teñen calquera tipo de problema adoita ser moi difícil dar con algunha solución. As empresas responsables normalmente non contan con ningunha oficina á que ir reclamar. Así pois, só queda a vía telefónica para expoñer o problema, o que conleva unha chea de reviravoltas, ata que finalmente nos propoñen unha solución vaga, que tarda moito en chegar e que, en ocasións, nunca chega.

Namentres, a realidade amosa cousas como a da imaxe. Un poste situado na Rúa Valle Inclán, cunha grande e evidente inclinación sobre a rúa. Como todas as da Arousa, é unha rúa xa estreita de por si, aínda que moito máis agora, coa presenza desta particular Torre de Pisa de madeira.

Lembremos que, aínda por riba, trátase do principal acceso a lugares tan frecuentados como o campo de fútbol ou a distintas praias, principalmente a Area da Secada, ademáis de ser lugar de tránsito de transporte pesado. Pero sen dúbida, a peor parte é para os veciños, pois son os que máis posibilidades teñen de quizáis ver algún día a caída deste poste. Por desgraza, se iso sucede, ninguén nos asegura que se vaia tratar dunha anéctoda sen máis.

 

4 respostas a “FOTODENUNCIA – ILLA DE AROUSA: O POSTE QUE MURMURABA ÓS USUARIOS.

  1. En testos ao, lado do “obradoiro”, estivo un máis de un mes apoiado nunha señal despois de un temporal e cós cables colgando polo outro lado. Foi fai pouco, de feito creo que a señal segue torcida.
    Outra cousa que se vé na imaxe son eses dous conos que quedaron ahí dende o día que se pintou o resalto ese (e xa fai uns meses) e apartáronos os veciños porque cando secou a pintura nadie veu a sacalos do medio, xa veredes canto tempo máis van estar no mismo sitio.

  2. O poste sirve para transportar a sinal telefónica, que é un servizo público. O problema que vexo nesa foto é algo máis grave : non existen aceras. Vivimos nunha poboación na que se pavimenta (calzada para coches) e non se pensa na circulación peonil. En cáseque ningún caso se obriga a retranquear a ninguén aínda que sexan 50 cm das súas sagradas propiedades privadas para deixar espazo de uso público. Vivimos no mundo dos coches, nun dos poucos núcleos urbáns onde non existen zonas peonís.

  3. Hai pouco vin un poste “da luz” levitando entre uns pinos, sen tocar terra. Haberá que estricar eses cables para que aguanten ben do poste, segundo esta nova visión dos tendidos eléctricos ou telefónicos.

  4. Parece un poste telefónico non?. Máis alá do impresentábel desta empresa que obtén avultados beneficios e despide a traballadores despois dunha privatización fraudulenta, a responsabilidade última é do Concello. Non sei se a estrada é municipal ou da Deputación, pero en último término acho que é o Concello o que debe velar pola seguridade dos veciños, e despois por suposto reclamar os custos desa actuación e outras medidas que se teñan que tomar, incluso disciplinarias contra a propia empresa pola falla de mantemento da rede. Seguro que aos usuarios da empresa de telecomunicacións lles cobra tódolos meses.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s